Ficha técnica: Gallo
NOME Rapantes
OUTROS NOMESOllóns/Rapapelos, Meigas
LATIN Lepidorhombus boscii (Risso, 1810)
TALLA 20
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Oilar Txikia
CATALAN Bruixa
CASTELAN Gallo
FRANCES Cardine Franche
INGLES Megrim
COMO ÉOs rapantes son peixes planos de forma alongada e pel finiña con manchas sobre os últimos radios das aletas dorsal e anal. O ollo inferior nesta especie está máis adiantado có superior e a queixada inferior é moi prominente. Habitualmente a súa cor é parda clara con manchas e o ventre branco. A súa reproducción vai dos meses de marzo a xuño.
COMO SE PESCAViven en fondos de area ou lama. Nos nosos mercados hai unha gran demanda dos rapantes, que son capturados ó arrastre. Haino do arrastre do día en augas próximas a Galicia, aínda que o seu principal caladoiro está no Gran Sol, sendo de destaca-la diferencia de calidade e prezo existente entre os "do día" e os capturados naquel caladoiro.