Ficha técnica: Gallano
NOME Rei
OUTROS NOMESGaián/Carabilla, pixón, saroupa, crico, (as femias); escarabellón, carabellón, lavanco, xoio, xoio azul, laberneiro, (os machos); ghaiolo.
LATIN Labrus bimaculatus (Linné, 1758).
TALLA 15
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Txibilitu
CATALAN Pastanaga
CASTELAN Gallano
FRANCES Coquete
INGLES Cuckoo Wrasse
COMO ÉO rei é un peixe de corpo elegante e alongado, con escamas grandes. A súa cabeza é de forma cónica, e a boca grande e de beizos grosos. A cor do rei nas femias novas é rosada ou alaranxada, con tres manchas negras localizadas dúas no dorso e unha no rabo. No caso de que o rei sexa macho e maduro a cabeza é de cor azul, con bandas horizontais brillantes que se estenden por un corpo de cor amarela, parda ou verdosa. Reprodúcese entre os meses de marzo a xuño, preto da costa. O rei acada a madurez sexual ós dous anos (16 centímetros), e é o macho o que coida o niño, podendo chegar a ataca-los mergulladores
COMO SE PESCAVive en fondos rochosos, entre os 10 e os 200 metros de fondo (os machos baixan a máis profundidade). O rei é unha especie moi abundante en Galicia e as súas capturas realízanse con trasmallo e anzol