Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Lubina

NOME Robaliza

OUTROS NOMESRóbalo (os grandes)

LATIN Dicentrarchus labrax (Linné, 1758).

TALLA 36

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Lupina Arrunta

CATALAN Llobarro

CASTELAN Lubina

FRANCES Bar

INGLES Bass

COMO ÉA robaliza ten un corpo longo, ovalado e esvelto, cunhas aletas dorsais separadas e sen pintas. A cabeza é longa e a cor da súa pel prateada-gris no dorso, máis clara nos lados e branca no ventre. Ten unha boca enorme, de gran depredador. A súa época de reproducción vai dos meses de nadal ata finais de marzo, e pode chegar a medir ata un metro.

COMO SE PESCAEste peixe vive en tódolos tipos de costa, preferindo os acantilados e rompentes, onde a auga ferve e arrinca da pedra crustáceos, moluscos e peixes. Vive nas costas e busca sempre as augas limpas e en corrente. Os exemplares novos de robaliza forman bancos. A técnica utilizada para capturar esta apreciada especie é o palangre con cebo vivo, patexo, con bolo, ó trasmallo, a liña, ou tamén con cana desde a costa. Pódese pescar tamén ó currican con cebos artificiais. Só cando se atopan bancos as capturas son significativas.