Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Rodaballo

NOME Rodaballo

OUTROS NOMESRodo (o pequeno)

LATIN Psetta maxima (Linné, 1758).

TALLA 30

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Erreboilo Arrunta

CATALAN Rémol Empetxinat

CASTELAN Rodaballo

FRANCES Turbot

INGLES Turbot

COMO ÉO rodaballo ten o corpo plano, en forma de rombo, asimétrico e case circular. Está cuberto por bultiños duros pero sen escamas. A súa boca é grande. Mimetízase co contorno, é dicir, cambia de cor adaptándose ó lugar onde se atope. Xeralmente é de cor castaña agrisada, con numerosas manchas e coa parte cega abrancazada. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto, e pode chegar a medir ata un metro.

COMO SE PESCAHabita fondos mariños areosos, sen a penas moverse, dende a costa ata os 100 metros. Esta é unha especie de gran demanda, e a maior parte provén dos cultivos que abundan en Galicia. Os que se pescan obtéñense ó trasmallo ou ó palangre de fondo, acadando un alto prezo no mercado.