Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Salmonete de Roca

NOME Salmonete da pedra

OUTROS NOMESBarbo/Salmonete de roca

LATIN Mullus surmuletus (Linné, 1758).

TALLA 15

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Haitzetako Barbarina

CATALAN Moll Roquer

CASTELAN Salmonete de Roca

FRANCES Rouge- Barbet

INGLES Goatfish

COMO ÉDous aspectos característicos definen esta especie: as cores vermellas do seu corpo, que varían segundo a época do ano, e a súa barbicha, que usa para detectar e desenterra-los moluscos e crustáceos que lle serven de alimento. As diferencias máis visibles entre este e o salmonete de lama son que o da pedra ten un rostro máis oblicuo e presenta tres ou catro bandas amarelas ó longo do corpo, e a cor é xeralmente máis escura. Reprodúcese entre os meses de maio a xullo e pode chegar a medir ata 40 centímetros, aínda que o normal é que midan entre os 18 e os 25 cm.

COMO SE PESCAHabita fondos de pedra e area ata os 25 metros de profundidade. As capturas non son abundantes, empregándose a arte do trasmallo e as betas. Tamén é un peixe "de cordel": úsase a liña e é un obxectivo habitual dos pescadores deportivos.