Ficha técnica: Pez de San Pedro
NOME Sanmartiño
OUTROS NOMESPeixe Galo/Samartiño
LATIN Zeus faber (Linné, 1758)
TALLA 25
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Muxmartina
CATALAN Gall
CASTELAN Pez de San Pedro
FRANCES Saint Pierre
INGLES Atlantic John Dory
COMO ÉO sanmartiño é un peixe de corpo alto e comprimido, que ten unha cabeza moi grande e que carece de escamas agás na liña lateral. Presenta espiñas ó lado do abdome e a aleta dorsal ten radios moi longos. De cor dourada, ou gris verdosa, o sanmartiño ten unha mancha negra rodeada de branco ou amarelo no centro do corpo, a ámbolos dous lados. Pode chegar a medir ata 60 centímetros, aínda que o normal é que mida entre 20 e 50. É un peixe que desova no verán e acada a madurez sexual ós 4 anos.
COMO SE PESCAPeixe de costumes solitarios que habita entre os 20 e os 200 metros de profundidade. Teñen unha gran demanda, pero hai unha baixa presencia de exemplares que se poden obter ó arrastre, ó palangre ou con liñas. É un peixe que tarda en reproducirse, polo que haberá que ser moi esixentes con respecto ás tallas mínimas