Ficha técnica: Sargo
NOME Sargo
OUTROS NOMES
LATIN Diplodus sargus (Linné, 1758).
TALLA 22
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Muxar Handia
CATALAN Sard
CASTELAN Sargo
FRANCES Sar Commun
INGLES White Sea Bream
COMO ÉO sargo é un peixe de corpo ovalado, comprimido polos lados, e unha boca pequena. A súa cor é gris prateada, con liñas estreitas verticais. No rabo loce unha gran mancha negra. Pode chegar a medir ata 45 centímetros, aínda que o normal son os 20 ou 25. Acada a madurez sexual ó chegar ós dous anos (17 centímetros) e a súa reproducción vai dos meses de xaneiro a marzo.
COMO SE PESCAVive en fondos de pedra, entre 2 e 50 metros. Os máis novos viven en fondos de area a menor profundidade. Ten unha notable aceptación no noso mercado, o que provoca frecuentes capturas: ó trasmallo, palangre, miño, con anzol ou tamén cunha cana desde a costa. Por veces nos portos de cerco hai abundancia cando algunha embarcación bate cun banco deles.