Ficha técnica: Tomás
NOME Tomás
OUTROS NOMESBoca negra
LATIN Epigonus telescopus (Risso, 1810).
TALLA 30
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA
CATALAN
CASTELAN Tomás
FRANCES
INGLES Big Eye
COMO ÉO tomás ten un corpo alongado e cilíndrico (non comprimido), de cor negra - violácea, e cuberto de grandes escamas. A boca e o peritoneo (é dicir, a membrana que ten no interior do ventre) tamén son negros. Os seus ollos son grandes e saltóns, sendo esta unha característica moi chamativa. Ten as aletas do dorso separadas. Pode chegar a medir ata 60 centímetros, e reprodúcese na primavera.
COMO SE PESCAVive en fondos a unha profundidade entre os 300 e os 500 metros. Péscase con palangre de fondo ou volanta e outras artes de gran profundidade. Captúrase especialmente por barcos da Costa do Norte no cantil da plataforma galega e algo máis fóra no chamado Banco de Galicia.