Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Espadín

NOME Trancho

OUTROS NOMESEspadín

LATIN Sprattus sprattus (Linné, 1758).

TALLA 11

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Ijito-Sardina

CATALAN Meleta

CASTELAN Espadín

FRANCES Menvise

INGLES Sprat

COMO ÉA aparencia do trancho é similar á da sardiña, pero cun corpo máis pequeno e comprimido, que chega ata os 15 centímetros. As escamas que ten na zona ventral están dispostas en forma de quilla. A cor do trancho é azulada no dorso e prateada polos lados e no ventre. Reprodúcese a finais da primavera, acadando a madurez sexual cando chega ó ano de idade.

COMO SE PESCAÉ un peixe gregario (vive con outros peixes da súa especie), entre os 10 e os 50 metros de profundidade, aínda que poden baixar ata os 150. Tolera as variacións de salinidade, podendo atoparse no interior das rías e en esteiros. Prefire as augas frías e realiza importantes migracións. Nas costas galegas as capturas limítanse ó verán, con artes de cerco, de maneira accidental xunto coa sardiña.