Ficha técnica: Caballa
NOME Xarda
OUTROS NOMESRincha/Perrilla, cabala, Macareu
LATIN Scomber scombrus (Linné, 1758).
TALLA 20
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Makaela
CATALAN Cavalla
CASTELAN Caballa
FRANCES Maquereau Commun
INGLES Atlantic Mackerel
COMO ÉPeixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos. Presenta unha especie de aletiñas (pinnulas) próximas ó rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez ós dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo.
COMO SE PESCAPode atoparse ata os 200 metros de profundidade, aínda que a finais da primavera achégase á costa en grandes bancos e entra nas rías, nadando a medias augas. No inverno regresa a augas máis profundas. É unha especie moi abundante, en canto ás capturas, e de gran presencia nos mercados. Péscase cando se achega á costa con cerco e tamén, ás veces, utilizando técnicas de arrastre ou con liña (curricán).