Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Julia

NOME Xulia

OUTROS NOMESDoncela/Señorita

LATIN Coris julis (Linné, 1758).

TALLA 14

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Dontzeila

CATALAN Juliola

CASTELAN Julia

FRANCES Girelle

INGLES Rainbow Wrase

COMO ÉPeixe cun aspecto característico de "boquita fina", co corpo alongado e vivas cores que lle dan ese aire de "señorita". É hermafrodita: as femias maduras adoitan converterse en machos. A cor é variable: dorso marrón e ventre dourado claro, cunha liña lateral branca e unha mancha azul no opérculo en machos novos e femias; e castaña ou verde, cunha banda alaranxada lateral que vai desde a cabeza ó rabo ou en zigzag, unha mancha azulada na parte anterior do corpo e outra azul no opérculo nos machos. Pode chegar a medir 25 centímetros.

COMO SE PESCAÉ un peixe gregario que forma pequenos grupos que viven en zonas de pedra e algas. Péscase con pouca frecuencia ó trasmallo. Tamén con liña e anzois pequenos, adaptados ó tamaño da súa boca.