Ficha técnica: Jurel
NOME Xurelos
OUTROS NOMESChicharros/Chinchos, xixís (os xuvenís) xurelos de bola, xurelas
LATIN Trachurus trachurus (Linné, 1758), Trachurus mediterraneus (Steindachner, 1868), Trachurus picturatus (T. E. Bowdich, 1825).
TALLA 15
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Txitxarro Arrunta
CATALAN Sorell
CASTELAN Jurel
FRANCES Jaurel-Chinchard
INGLES Horse Mackerel
COMO ÉSon peixes de corpo alongado, fociño afiado e boca grande -coma os ollos - e inclinada. Ten pálpebras transparentes, escamas pequenas e, como característica máis distintiva, a súa liña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" estendido. A cor dos xurelos varía entre gris, verdosa e azulada no dorso con reflexos metálicos, sendo os costados grises prateados e o ventre branco. Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Acadan a madurez sexual ó segundo ano de vida (22 cm) e reprodúcense nos meses de verán.
COMO SE PESCAViven en fondos de area entre 100 e 200 metros de profundidade, achegándose á superficie durante a noite. Forman grandes bancos. Os maiores captúranse ó arrastre e os pequenos ó cerco. Tamén se usan artes de enmalle e, máis marxinalmente, a liña. É unha das capturas típicas das flotas galegas de cerco: Sada, Malpica, Portosín...