«No Gordo do xoves repartimos 300.000 euros»

A MARIÑA

A administración focense vendeu dez décimos do número 92.538, premiado na Lotería Nacional

07 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha vez máis, A Mariña atrae a sorte. Na historia dos premios de lotería da comarca hai que sumar un recente. O gordo da Lotería Nacional do sorteo do pasado xoves deixou un total de 300.000 euros repartidos. Do número afortunado, o 92.538, se venderon dez décimos entre tantas persoas dende a Administración de Loterías de Foz, cuxa administradora é Neves Moreda dende marzo do ano pasado tras figurar anteriormente como xerente, seguindo unha tradición familiar que xa levaron a cabo súa avoa primeiro y despois súa nai, agora xubilada.

-¿Canto lle tocou a cada comprador dese número?

-Cada persoa colleu un décimo, por tanto tócanlle 30.000 euros de premio, que aínda poden dar para mercar turrón ou os regalos para a familia no nadal.

-¿Coñece persoalmente aos afortunados?, ¿chamou algún xa á administración focense?

-Un dos afortunados está abonado, de sempre, e xoga varias terminacións. Hoxe (por onte) xa me chamou á mañá preguntando a ver que tiña que facer co décimo. Os outros _dixo onte a mediodía_ aínda non pasaron por aquí. Este número vendeuse entre o venres da semana pasada pola mañá e o luns desta semana a mediodía.

-Na historia desta administración, ¿déronse premios desta cuantía ou maiores incluso?

-A Administración de Loterías de Foz leva aberta dende os anos 60. Eu son a terceira xeración, sempre a levou a miña familia, primeiro foi administradora miña avoa Nieves, segunda miña nai Dolores, que agora está xubilada, e a terceira son eu. Sendo xerente da administración, no sorteo da Lotería Nacional do xoves é o primeiro que damos pero no sorteo dos sábados temos dado premios máis gordos.

-Xa que mencionou ao primeiro de todo o turrón e os regalos, lembrando que o nadal está cada vez máis cerca, ¿como vai a campaña navideña?, ¿pode adiantarnos algo das ventas?

-De cara as navidades a venda de lotería vai moi ben. Este ano se volve máis a xente á participación e aos talonarios. Penso que debe ser pola crise. Moita xente deixou de xogar tanto por semana, na Bonoloto, no Euromillones... Se antes botaban 6 agora 3, se antes 4 agora 2 e se antes 2 agora 1. A que máis se xoga é o Euromillóns, esta semana porque tiña un bote de cen millóns de euros. Canto máis bote teña, é ó que máis se vai xogar. En canto á lotería de nadal, a campaña vai moi ben dende o mes de xullo. É unha lotería que está saíndo moi ben.