Ás xentes do mar

Vicente Míguez OPINIÓN

A MARIÑA

Opinión

12 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Navegamos con eles, remando mar adentro, nas faenas de cada singradura.

Contra vento e marea, meténdolle proa ao tempo, rumbo a porto seguro.

Navegamos por eles, de alba e de axexo, sen máis quiñón que a dignidade do pescador.

Correndo o tempo, recordamos a tripulantes con salitre no sangue que vararon as zozobras na soidade do fondo do mar, a mil millas das súas viúvas e orfos.

De arribada, achicando o mar de fondo, tantas lúas a sotavento, e unha estrela de loito.

Con todo o norte no horizonte da esperanza.

Honramos aos náufragos que viven eternamente na Santa Compaña dos corazóns.

Navegamos con eles, sen deriva, nin olvido.