Viveiro, sen aparcamento

Antonio Lage- Seara, Presidente NN.XX. do PP en Viveiro FORO PÚBLICO

A MARIÑA

12 mar 2018 . Actualizado a las 21:25 h.

Debido á escoita de veciños sobre a problemática de non ter aparcamento facemos saber a necesidade do mesmo en distintas áreas do Concello de Viveiro. Un servizo urxente, está medrando a dificultade de atopar un sitio onde estacionar tanto a residentes como a usuarios do comercio. Xa era coñecido, e sen solución durante estes derradeiros anos no centro de Viveiro, pero agora estase estendendo a áreas como A Misericordia, Cantarrana, Celeiro, Lodeiro, Xunqueira...

En si, acarrea non ter certas comodidades para a vida diaria e a calidade da mesma, algo irrisorio dado que non somos ningunha urbe xigante, é unha realidade a falta destes espazos útiles. O maior punto a destacar é que estase a converter en algo con agravantes negativos para a economía, xa que ó non atopar onde estacionar moitos veciños de outras vilas próximas descartan a Viveiro como lugar a onde ir a comprar, tamén os afincados. Algúns vense ata desbordados polas sancións, xa que teñen que buscar lugar en prazas ilegais, como beirarrúas, entradas de garaxes, xardíns... moitas veces non teñen nin onde deixar o vehículo e optan por infrinxir normas, algo a desgusto.

Supón un atrasado e falta de visión, non dar solvencia a este problema cidadán.

Un parking móbil

Este ocorre en épocas de inverno ou outono, pero como é lóxico e debido á ligazón como pobo estival e turístico, vemos que a cousa nestas datas vaise a desmán, sen buscar por parte do goberno municipal unha vía resolutiva, como si existe noutros Concellos similares que atopan alternativas eventuais, ou campos arrendados/cedidos.

Demandamos se inicien os trámites para un estudio do parking móbil e buscar como arranxar esta situación, sabemos que hai lugares que coas debidas xestións poderían aliviar ou encauzar un problema crecente e sen folla de ruta sobre a mesa.

Dende o noso grupo en conxunto seguiremos loitando por un Viveiro mellor, organizado, e aberto ó futuro que atenda ós servizos públicos, faremos as propostas por tódalas vías posibles.