Igualdade, bonito nome tés

Estíbaliz Veiga ACTRIZ

A MARIÑA

19 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xuño, XV Foro Igualdade Viveiro, coa participación entre outras da edila Lara Fernández e Susana López, secretaria xeral de Igualdade, a miña poñencia foi sobre a miña experiencia como muller traballadora nas artes escénicas e tamén para contar a cen participantes que é a plataforma Clásicas e Modernas, á cal eu pertenzo moi orgullosa. Unha asociación que traballa pola igualdade de xénero dende 2009. As herdeiras das mulleres da xeración do 27 cun obxectivo, que se cumpra a lei de Igualdade de trato aprobada no 2007. Así soa a peli do Oeste, como tal, (sen pistolas pero no Oeste) estamos pouco a pouco avanzando no noso ario camiño. Os cabalos neste filme lévanos as 200 creadoras, persoas vinculadas ó mundo da literatura, das artes escénicas ou comunicación, todas encabezadas no galopar por Anna Caballé.

Este exército pacífico desenrolou unha folla de ruta para quen produce teatro, danza ou

música e a esta se adhiren institucións e organismos (como se fará o 21 en Compostela) comprometéndose a velar pola lei tanto na constitución de equipas , acceso a postos de responsabilidade e salarios. Asinado o apoio xa do Centro Dramático Nacional, Festival Internacional de teatro clásico de Almagro, Festival Iberoamericano de teatro, entre moitas entidades que non teño espazo a nomear, no lonxano pero non imposible Oeste, conseguimos feitos en diferentes localidades. Seguimos trotando. Actrices, de ser a esposa, noiva, nai,... a xefa de policía, científica, aviadora. Igualdade. Dramaturgas, sairán dun “escuro” que elas non escribiron. Igualdade. Produtoras, directoras...Igualdade.

TODAS LEI. IGUALDADE non só soa bonito, É DE LEI.