A Xunta aporta outros 46.000 euros para iluminar o campo do Viveiro CF

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

O delegado da Xunta mantivo un encontro coa directiva do Viveiro

19 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Galicia financiará con 46.250 euros as obras de iluminación e reforma dos aseos públicos do campo de fútbol municipal de Cantarrana en Viveiro, que pretende desenvolver este mesmo ano.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo no propio estadio unha xuntanza coa directiva do Viveiro. Balseiro explicou que a intención da Xunta é financiar a mellora das torres de iluminación do campo de xogo instalando luminarias completamente novas de menor consumo, «o que mellorará o servizo e reducirá os custos

enerxéticos». Na actualidade programábanse os partidos en horario diúrno ou a primeira hora da tarde para evitar a carencia de luz. Tamén se vai acometer a reforma e modernización dos aseos públicos.

«Este novo apoio súmase á instalación dun equipo de rego automático financiada pola Xunta despois de que Concello e Deputación non achegasen cartos», sinalou J. Manuel Balseiro.