Educación

Estíbaliz Veiga

A MARIÑA

10 abr 2019 . Actualizado a las 14:38 h.

Este mes tivo lugar o «día da educación». En realidade, como diría meu avó, a «aducancia” nunca hai que deixar de tela. A educación é moito máis que multiplicar, derivadas, as fórmulas ou apreder os ríos de Galicia. É o que configura a un país, o que fai que medre e abra os seus horizontes a tódolos niveis. O informe PISA realizado en 2012, sitúa a Corea do Sur, Xapón ,Finlandia como países con mellor nivel de ensinanza. Despois de asesorarme sobre escolas finlandesas vin que o enfoque dado ó teatro é transversal, está incorporado en varios temas.

Nun estudo da actividade teatral, a clase de relixión, onde cun xogo de roles se dinamizaba dita clase, a técnica era utilizada para traballar a empatía. O foco da materia centrábase en mellorar a espiritualidade e a tolerancia cara ás diferentes crenzas, xa que se presentaban a historia e as características das diferentes relixións.Polo tanto, a través da arte traballábase a historia, xeografía e sobre todo a humanidade. Considero que é de necesidade o teatro na educación.

Eu son da 1ª promoción de Pedagogos Teatrais ( UDC). En 2001 comezamos a carreira con «crenzas» (non fantasiosas) que aseguraban que o teatro sería asignatura curricular (xa é en moitos países onde a Cultura é un ben, non un estorbo). Seguimos agardando. Mentres varios profesionais somos pedagogos e directores artísticos dunha rapazada que se fan chamar: @si_a_las_artes. Adolescentes de toda Galicia unidos polas redes sociais e con base na escola trilingüe Katarsis Educación e Teatro ( C. Ramos e K. Stwerart). Queren artes na educación obrigatoria. Únete!