A veterinaria Mani Vázquez, candidata do BNG en Lourenzá

La Voz LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

18 abr 2019 . Actualizado a las 21:39 h.

O BNG en Lourenzá presentará ás vindeiras eleccións municipais unha lista de quince persoas que encabeza Aurea María Vázquez Abal, Mani. Natural de Pontevedra hai 50 anos, aínda que a súa vinculación con Lourenzá e coa zona naceu hai máis de 15 anos a raíz da súa actividade profesional como veterinaria. Actualmente exerce como veterinaria na oficina comarcal de Mondoñedo.

O resto da lista está integrada por Anxo Fernández Vilaba (actual portavoz municipal do BNG), Enrique José Rocha Pérez, María Belén Fanego Barreira, Héctor Terrón Salvatierra, María Amparo López Bouza, Miguel Rodríguez Acebo, Francisco Xabier Trigo Maseda, Concepción Ares Sanmartín, Olivier Valiña Araujo, César Docampo Fernández, David Neira Trelles, Ramón Valiña Rivas, Pedro Barreira Salgado e Socorro García Cuadrado.