Os Cronistas Oficiais da Mariña falaron do mar e das súas xentes

La Voz SAN CIBRAO / LA VOZ

A MARIÑA

Xaime Ramallal

14 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Cronistas Oficiais da Mariña participaron este venres nun parladoiro no Museo do Mar de San Cibrao, dentro dos actos do seu 50 aniversario.

Carlos Nuevo, Cronista de Viveiro; Antonio Reigosa, Cronista de Mondoñedo, e Eduardo Gutiérrez, Cronista de Ribadeo, relataron os seus coñecementos sobre a historia da Mariña vinculada ao mar desde moi diversas ópticas e perspectivas, desde a propia historia das xentes do mar, ata feitos salientables e mesmo mitos e lendas.

Os tres, profesores e escritores, historiadores locales, son bos coñecedores dos vínculos da xente da Mariña co mar desde antigo e fixeron un repaso amplo a esta historia e aos acontecementos derivados dela. Tamén participou o público.