Cultura viva

estíbaliz veiga

A MARIÑA

22 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro venres 23 sairá o primeiro sinxelo do proxecto, Mr. Dylan. É un traballo de versións «descoñecidas» do gran mestre, reinventado para a ocasión por un mozo chamado Arcadio Falcón. Fillo de galegos, de nai da Pastoriza. Pasa os seus veráns na miña querida provincia de Lugo, e este en concreto fará varios concertos por Galicia para dar a coñecer os seus novos traballos coa súa banda, The Bandits, (Lugo, A Coruña...). Se o buscades en Spotify veredes que calidade. Galicia Calidade por suposto.

Con 9 anos colleu a súa primeira guitarra e aos 13 escribiu a primeira canción. A partir de aí, a febre pola música e a literatura estadounidenses apoderouse del e apelidos como Dylan ou Whitman foron claves. Con esta formación musical e intelectual e a súa guitarra, Arcadio recalou no prestixioso Berklee College of Music de Boston aos 17 anos, onde se graduou nun tempo marca e chamou a atención como compositor. Formou parte do Song Club for the World, así como dunha práctica en TCAA Boston.

Casualmente esa nai lucense foi a que me chamou estando eu en Panamá para colaborar no seu libro: Un Camiño de Cine Xacobeo, que presentaremos en Santiago de Compostela o día 27. Nesta guía que Pilar Falcón (presidenta do Club de Periodistas Galeg@s en Madrid) elaborou con exhaustivo rigor, eu escribín unhas poucas páxinas para falar da miña experiencia neste «tipo» de cine. Cabe dicir que a primeira persoa coa que compartín o meu artigo foi Yolanda García, periodista deste xornal, La Voz de Galicia, quen me «botou un ollo» nun reto tan importante. A nosa cultura trata de volver á vida, necesita de tod@s. Cultura Segura Galega.