Obradoiro creativo con Martín Lestao no Museo do Mar

M.C. SAN CIBRAO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDAS POR MARTÍN LESTAO

«EmbarcARTE: costeira de arte» é o nome da actividade que terá lugar este sábado 24 e que está dirixida a nenos e rapaces de 6 a 12 anos

23 may 2025 . Actualizado a las 16:59 h.

«EmbarcARTE: costeira de arte». Así se chama o obradoiro creativo pensado para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que impartirá o artista Martín Lestao esta fin de semana no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao. A data prevista é o 24 de maio, de 11.30 a 13 horas. Ofértanse dez prazas. A este obradoiro seguiranlle outros, a celebrar ata xullo.

«Embarcarémonos co artista plástico Martín Lestao nunha viaxe na que nos adentraremos nos segredos do mundo mariño coa ollada da arte», explican desde a Rede Museística Provincial.