O BNG de Viveiro denuncia o «lamentable» estado do paseo fluvial do Landro
A MARIÑA

Afirma que, cando o Bloque estaba no executivo local, acadou o «compromiso de que Costas renovase por completo a pasarela de madeira»
20 may 2025 . Actualizado a las 21:01 h.A portavoz municipal do BNG, Míriam Bermúdez, denuncia o que cualifica de «lamentable estado» do paseo fluvial do Landro, de Viveiro a Portochao, onde, segundo di, «a vexetación descontrolada invade o camiño pola falta a rozas e onde se poden observar numerosas táboas rotas, deixando furados de máis de 50 centímetros de profundidade». Sostén que, na etapa do BNG na Tenencia de Alcaldía, se investiron máis de 23.000 euros no mantemento do espazo, reparando carpinterías, con podas, desbroces e outras actuacións.

«Cando o BNG estaba no executivo, iniciamos as xestións e conseguimos o compromiso de que o Servizo Provincial de Costas, titular do paseo, renovase por completo a pasarela de madeira. Un compromiso ó que o actual executivo do PP non lle dá continuidade», critica.