A Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira en particular e os veciños e afectados pola riada de o Río Xunquieira o 18 de Novembro de 2018, ríndenlle o próximo martes unha homenaxe e un recordo a a veciña, Amparo Berdeal Camba, falecida afogada a consecuencia da riada. Colocaráselle un ramo de flores no cruce das tres rúas xunto á ponte vella, para recordar que despois de 7 anos as cousas seguen igual, as cousas prometidas e solucións de futuro aínda están nos caixóns e nos papeis, e quizais terán que pasar outros sete anos para poñer remedio ao asunto, xa que a subvención que concederon para tódolos arranxos caducan a mediados do ano 2026.
Son poucos os veciños de Xunqueira que non lembran á perfección aquel día no que tiveron que abandonar as súas vivendas, parte das súas pertenzas, e subirse ás partes altas das casas; serán para o que lles quede de vida os seus recordos e os que contarán aos seus netos, de maneira especial os maiores xa que a parte histórica do barrio de Xunqueira está habitada por maiores.
Con todo, non todos ven este feito cos mesmos ollos e hai quen mesmo asegura gozar dunha vida mellor desde ese momento. Houbo xente que se foi do barrio nestes sete anos, arranxáronse casas e temos novos veciños aos que aproveitamos para darlles a benvida e máis vivendas se restaurarían se non fora polos atrancos que pon Augas de Galicia para arranxar as casa vellas do barrio.
Os da Asociación de Veciños reunímonos fai tres meses coa alcaldesa do Concello, Mariña Gueimunde, que acordou crear unha plaza na zona da fonte, que será retranqueada para tamén trasladar a dita plaza o lavadoiro, xa que na zona na que está agora vaise facer un túnel para desviar as augas cando haxa crecida do río e así non se atranque a Ponte Vella.
Pero aquí estamos, o caso que nos ocupa volve a lembrarme aquelo de Larra, “Volte vostede maña” ou aquel outro de “As cousas de palacio van despacio”, entre discusións bizantinas de si eu pago esto e ti eso outro aínda non se entregou por parte da empresa adxudicatoria o proxecto definitivo do que se prometeu, actualmente xa se adxudicou a obra, expropiáronse as casas que se van derribar e solo falta que axilicen un pouco e poder ver xa os obreiros e máquinas traballando no proxecto, que coindice na sua maior parte co que nos solicitamos no seu momento.
Polo que nos dixeron e compremeteron, na zona máis afectada tiraranse 3 edificios, cambiarase o lavadoiro e a fonte, a zona perto da presa que non se restaurara, para que o Río Pequeño teña caudal e siga regando a parte esquerda do humedal de Xunqueira; prometeron traer a auga ao comenzo do canal dende a parte superior do río, farase unha disminución da rúa dos Pelamios, e dende a zona do Camiño do campo da festa farase unha rebaixa da rúa, tal como fixeron no seu momento no pobo de Potes, en Cantabria, para que en época de enchentas se poida expandir ao ancho o rio. Ademais, mentres servirá de sendeiro fluvial ata o Camiño dos Muíños, farase outra ponte á dereita do actual no Camiño Real pàra desaugar en época de chuvias fortes; aquí haberá quen opte polo que sempre se fixo en Viveiro en particular e en Galicia en xeral, tiran as pedras da nosa historia e substitúenas cunha plancha de cemento, exemplos temos varios tanto aquí como noutros lugares. A ponte de medio punto é unha ponte que existiu sempre, pois vai unida á historia de Xunqueira e Viveiro como punto de chegada dende a zona interior. Agora esa ponte vaise conservar e construirase un túnel á dereita para que poida desaugar con maior facilitade en caso de enchenta do río.
As inundacións de Xunqueira volveron sacar á luz pública as consecuencias do mal uso do territorio e da falta de respecto ás zonas inundables, cuxos danos puidemos apreciar unha vez máis. As imaxes dos seus efectos amósannos que o río volve esgrimir as súas escrituras e recuperar así o territorio que lle é propio, algo que nos lembra con que facilidade poderiamos lamentar.
A opinión pública maioritaria, parte dos medios de comunicación e moitos responsables públicos adícanse a botarlle a culpa á natureza. É a posición típica e frecuente dos que non queren recoñecer os seus erros e dos que queren seguir obtendo beneficios da especulación sobre territorios en risco permanente. E aquí entran os cortes de madeira sin control, o recheo de paso do rio con carrocetas e tractores de gran tonelaxe empregando o vello sistema de rechear con troncos o cauce e pasar por encima, claro que en épocas de estío pódese facer pero despois hai que limpar e sacar toda esa madeira, teríase que aplicar tamén aquí nos cauces un límite de plantación dende a beira do río, de madeira comercial, cousa que non se fai.
Na nova Cultura da Auga e Ríos con Vida, pídese insistentemente que se limpe o río e pola vía de urxencia. Por limpar enténdese librar de lixo, vexetacion caída que entorpece o cauce en épocas de crecida e contaminación no río.
Os ríos ensináronnos de novo onde nunca debemos construír. Aprenderemos de aquí en diante? Os responsables de xestionar o territorio serán capaces por fin de renunciar a perigosos desenvolvementos urbanísticos e abordarán dunha vez para sempre unha planificación do espazo adaptada ao risco e fundamentada no principio de precaución?
Prometéronnos ós veciños de Xunqueira que neste caso si, pero nosoutros neste triste aniversario ademais de recordar con agarimo e respecto a nosa veciña Amparo queremos pedir que se den présa. E recordarlles a todos os reponsables que “o prometido é debeda”.
* AA. VV. Valdeflores de Xunqueira.