«Os contos do Lobicán», da Rede Galega de Teatros, chegará este sábado, 6 de decembro, ó Teatro Pastor Díaz de Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Representación de «Os contos do Lobicán»</span>
Representación de «Os contos do Lobicán» CEDIDA

Redrum Teatro representará a historia, para todos os públicos, a partires das 18.00 horas

02 dic 2025 . Actualizado a las 13:54 h.

O Teatro Pastor Díaz acollerá este sábado, 6 de decembro, a representación de Os contos do Lobicán, a cargo de Redrum Teatro. Dará comezo ás 18.00 horas e terá unha duración de 40 minutos. Trátase dunha historia de monicreces dirixida especialmente a público infantil, sobre un texto de Eva Mejuto dirixido por Alex Sampayo. Forman parte do elenco artístico Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. 

Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta ós contos clásicos, ó tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. 

O texto de Mejuto gañou o décimo quinto Premio Barriga Verde no 2022. 

Reservan entradas no 982 560 162 en horario de mañá.