É cousa de todos apostar pola mobilidade

NOELIA BEN VÁZQUEZ

BURELA

18 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Burela celebra durante estes días a Semana Europea da Mobilidade. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar mediante distintas actividades unha maior conciencia medioambiental, no uso de transportes non contaminantes e a mellora da mobilidade urbana.

Vivimos nun pobo, no que todo está relativamente cerca, e podemos desprazarnos dun lado para outro, ben usando a bicicleta ou andando ( os nenos poden ir o cole andando, usar o transporte escolar ou compartir coche; si pensamos no comercio prácticamente todas as tendas están máis ou menos xuntas e non temos ningún problema para desprazarnos e facer os recados andando sen necesidade de usar o coche evitando atascos e buscar aparcamento, e no tema laboral podemos compartir coche.

Por este motivo, é cousa de todos e temos na nosas máns apostar por unha mobilidade segura, sostible e eficiente, desta manteira conseguimos aforrar en combustible, evitar a contaminación tanto medioambiental como acústica; en definitiva contribuímos a axudar e coidar o medio ambiente, a parte de conseguir un importante beneficio para a nosa saúde.

Animamos á xente a coller estes hábitos, non só nesta semana se non o resto do ano, porque asi gañamos todos.

*Noelia Ben Vázquez é concelleira de Medio Ambiente do Concello de Burela.