A Deputación e o Concello de Burela recibiron ás campioas da Eurocopa

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

21 feb 2019 . Actualizado a las 20:20 h.

O deputado provincial de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou no recibimento que lle fixo o club Pescados Rubén Burela FS ás súas xogadoras que veñen de proclamarse campioas e subcampioas na primeira Eurocopa Feminina de Fútbol Sala (Luci e Peque con España, e Jenny con Portugal). No acto, Rivera Capón estivo acompañado polo alcalde de Burela, Alfredo Llano; o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández; o presidente do club, Manuel Blanco, o tesoureiro, Alfredo Veiga, e o vogal, Rubén Blanco. A Deputación colabora co Burela FS achegando máis de 137.000 euros a través da liña de axudas destinadas a equipos que participan nas ligas de primeira e segunda categoría absoluta estatal.