Seleccionan para un seminario da UE ao Virxe do Carme de Burela

l.r. BURELA / LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

O CEIP falará en Segovia da súa diversidade lingüística e cultural

21 feb 2019 . Actualizado a las 20:10 h.

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Burela acaba de ser seleccionado para participar no seminario Supporting Multilingual Classrooms (apoio a aulas multilingüísticas) organizado polo SEPIE (Servicio español para la internalización de la educación) en coordinación co Centro Europeo de Lenguas Modernas do Consello de Europa e a Dirección General de Educación y Cultura da Comisión Europea. Un profesor do centro mariñano, que neste momento ten 348 alumnos de máis dunha ducia de nacionalidades europeas, americanas, africanas ou asiáticas, participará na cita, que se celebrará os días 12 e 13 de marzo en Segovia.

Só 25 centros de toda España

Durante esas dúas xornadas, representantes de 25 centros educativos de toda España, 5 deles de Galicia, «con alta diversidade lingüística e cultural», debaterán sobre a educación inclusiva «adoptando na aula enfoques pedagóxicos plurilingües para dar apoio ao alumnado falante de linguas diferentes ás linguas vehiculares do centro», segundo explican na web do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. «Ser un centro tan multicultural coma o noso é unha ensinanza para todos os alumnos», destacou onte a directora do Virxe do Carme, María Josefa Fernández Amor.