«Cada vez hai máis mulleres fartas, máis ideais feministas»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Cristina Lestegás é unha das voceiras de Asamblea Mulleres Galegas 8M na comarca

22 feb 2019 . Actualizado a las 20:53 h.

Cada vez achégase máis a data do 8M, unha nova oportunidade de reivindicación feminina na que as mariñás volverán a alzar a voz.

-Antes que nada, van fretar autobuses para o 3M en Lugo.

-Si, dende Viveiro (anotan no 677 292 297 e no CIM), dende Burela (anotan no 699 191 904) e dende Ribadeo (anotan no 615 596 247). Reservan antes do día 24. A idea é fretar tres autobuses e levar uns 200 mariñáns a Lugo, onde o día 3 de marzo se fará unha manifestación galega para dar un pulo ao 8M. Dende Galegas 8M, queremos que no 8 de marzo se impulsen as convocatorias locais; ese día tamén haberá actividades pola mañá en Ribadeo, Burela, Foz, Viveiro e Xove.

-Que ambiente previo á gran cita do 8M percibe na Mariña?

-Moi bo. Cada vez hai máis consciencia feminista, mulleres fartas de cobrar menos, de desigualdade salarial, de acoso... pero cada vez organizámonos mellor. O papel dos homes como aliados é novo pero contamos con eles. Queremos que nos apoien na causa, porque é de todos e todas.

-A manifestación central da Mariña será en Burela ese día.

-Ás 20.00, dende a estación de buses ata a Praza da Mariña. A do ano pasado foi moi emocionante, moi seguida, numerosa e emotiva para todas. Este ano esperamos que siga o espírito do 8M do 2018. Tamén vamos facer caravana de coches. Unha sae de O Vicedo e outra de Ribadeo, iremos parando nos concellos para nos xuntamos en Burela. Tamén está convocada a folga de de 24 horas de mulleres. A idea é parar. Sabemos que non todas poden, pero que paren un pouco e apoien e no caso das que non vaian poder, paramos o resto por elas. Aparte de laboral, haina estudantil, de coidados e de consumo.

-Como ve a suma á reivindicación feminina das mariñás?

-Cada vez é unha resposta máis activa e máis viva nas mulleres mariñás. A resposta é cada vez maior, hai máis conciencia social e feminina e de cambio.

Hai novos encontros abertos de mulleres: hoxe en Burela (19.00, Casa da Cultura) e mañá en Viveiro (19.00, biblioteca).