A voz de Rosa Cedrón, hoxe en San Cibrao

La Voz CERVO/LA VOZ

CERVO

Mañá haberá outro concerto tamén moi destacado na Mariña, o de Susana Seivane en Ribadeo

22 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe •20.30 horas •Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo) • A inconfundible e marabillosa voz de Rosa Cedrón, a mesma que tantas veces escoitamos con ledicia da man de Luar na Lubre, noutra etapa clave da súa carreira musical, encherá hoxe de puro sentir rosaliano a comarca da Mariña e faráo dende a chamada «península da paz», San Cibrao (Cervo). Será esta unha moi especial homenaxe á escritora Rosalía de Castro. Como ben di Cedrón, «unha das miñas grandes paixóns que sempre está moi presente nos meus concertos». De feito, na cita de hoxe ás 20.30 horas, con entrada libre, non faltará a súa voz e a música do piano para acompañar poemas como Negro caravel, que recentemente interpretou Sabela no seu paso polo programa Operación Triunfo. Cedrón fará tamén repaso dos seus temas e avanzará composicións do seu novo disco. Organiza a concellería de Cultura.

Por outro lado, este sábado será o concerto de Susana Seivane en Ribadeo.