A cita axudou a visibilizar a loita contra esta enfermidade
19 oct 2025 . Actualizado a las 16:57 h.Co lema «Cervo en Rosa», o Concello de Cervo conmemorou este domingo o Día Mundial contra o Cancro de Mama. A actividade central foi unha andaina solidaria que partiu do peirao de San Cibrao. A iniciativa contribuíu a visibilizar a loita contra esta enfermidade e a fomentar a participación cidadá como mostra de apoio ás persoas afectadas e ás súas familias. Como broche final, plantáronse flores rosas no Parque Reina Sofía, nun xesto simbólico de esperanza, forza e unión.