O 10 de maio, Carreira pola Lingua en Foz

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

XAIME RAMALLAL

Promovida polo Colexio Martínez Otero e por Run Foz Run

20 abr 2019 . Actualizado a las 23:03 h.

O Colexio Martínez Otero (a instancia do equipo de Dinamización Lingüística) e a empresa Run Foz Run programan para o día 10 de maio a primeira Carreira Popular pola Lingua. As inscricións poden facerse en sportmaniacs.com e a proba contempla categorías inferiores (pícaros, benxamín, alevín, infantil e cadete), unha andaina de tres quilómetros (17.30 horas) e unha proba absoluta (19.00 horas). Os interesados poden anotarse hasta o día 8 de maio.