Profesores do colexio Martínez Otero crean un fondo económico solidario en Foz para as familias

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

O colexio tamén fixo unha doazón de alimentos

01 abr 2020 . Actualizado a las 20:00 h.

«Desde o profesorado do Colexio Martínez Otero somos conscientes de que se aproximan tempos moi complexos a nivel laboral, económico e social para moitas familias do noso redor. Moitos son

alumnos, pais, nais ou, simplemente, veciños. Coas medidas publicadas no último BOE, aínda que necesarias, poden darse situacións onde

moitas familias non teñan ingresos para facer fronte a pagos imprescindibles como o alugueiro da vivenda, a electricidade, o gas, as medicinas etc. No Colexio Martínez Otero sempre soubemos sentir os problemas dos demais como se fosen nosos. Deste xeito, desde o profesorado do colexio, decidiuse crear un Fondo Solidario, onde os docentes farán achegas de carácter económico para axudar a aquelas familias das que se teña constancia que se atopen nalgunha das situacións descritas anteriormente. O encargado de

recepcionar as achegas económicas será Cáritas Parroquial de Foz».

É o comunicado remitido onte dende o colexio Martínez Otero de Foz. Tamén engade:

«Ademais, no día de onte a fundación do Colexio realizou unha doazón de alimentos ao Banco de Alimentos de Foz que contiña 250 iogures, pezas de 3kg de diferentes friames e froita. Sempre dixemos que cómpre educar en valores e, agora máis que nunca, é momento de amosalo. O mellor valor para as familias é a nosa solidariedade», conclúen.