Mondoñedo terá un centro de día de atención a enfermos de Alzhéimer

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Anunciouno a conselleira de Política Social, Fabiola García

15 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou onte que o Concello de Mondoñedo contará cun novo centro de día de Alzhéimer no centro San Rafael, que ofertará 10 novas prazas públicas financiadas pola Xunta de Galicia por un importe de 120.000 euros. Fíxoo durante a visita que realizou ao centro xunto á alcaldesa, Elena Candia.

Explicou que o centro de día de Alzhéimer, ademais de garantir un servizo de calidade a todas estas persoas, supón tamén unha axuda para que os seus familiares poidan conciliar, en especial as mulleres. Mondoñedo xa ten un centro de día con 40 prazas e unha residencia de maiores con 33 usuarios.