As Catedrais, o espazo natural protexido máis visitado de Galicia en Semana Santa

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

PEPA LOSADA

A Xunta repartiu case 25.000 entradas para ver o arenal

20 abr 2017 . Actualizado a las 23:15 h.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, adiantou que case 70.000 persoas decidiron achegarse a un espazo natural protexido durante a Semana Santa. Así o puxo de manifesto durente a rolda de prensa sobre a afluencia de visitas durante a Semana Santa aos parques naturais de Galicia e ao Monumento Natural da Praia das Catedrais.

 Ana María Díaz salientou que o número de visitantes incrementouse nun 42 por cento máis, que respecto de 2016, ao pasar de 48.183 visitantes na Semana Santa de 2016 a 68.747 en 2017 e detallou que 25.824 persoas se achegaron aos seis parques naturais, 18.440 visitaron unha das catro illas do Parque Natural marítimo Terrestre e 24.483 accederon ao Monumento Natural da Praia das Catedrais.

A directora xeral do Patrimonio Natural, Ana María Díaz, ofreceu onte datos de visitas ao Monumento Natural das Catedrais, que nesta Semana Santa agotou a reserva de visitas por web en tres xornadas, Xoves e Venres Santo e tamén o pasado sábado 15 de abril, tal como informamos na Voz. En total, supón un 30% máis de visitantes con respecto á Semana Santa do ano anterior. Moita suba e moita diferenza.

«Dende o 7 de abril ata o 17, período no que era necesario contar cunha reserva para acceder a este monumento natural, concedéronse un total de 24.483 permisos, fronte aos 19.020 que se concederon na Semana Santa de 2016, é dicir un 28,72% máis», sinalaba Ana María Díaz.

A directora xeral indicou que «un síntoma de que cada vez máis xente ten interese en coñecer esta espazo natural, é o feito de que das 10 xornadas nas que era necesario esta solicitude, 8 superaron a barreiro das 1.000 solicitudes. En relación coa procedencia, aclarou que un 74% dos visitantes proviñan de fóra de Galicia, dos cales un 22% procedían de Madrid, seguidos polos vascos e cataláns».

Asemade, adiantou que a Xunta de Galicia habilitará un operativo especial para facilitar a visita ao Monumento Natural da Praia das Catedrais durante a ponte do 1 de maio. Contarase con persoal para ordenar o tráfico, para faciliar o acceso ao areal e aclara que non será necesario expedir reserva para baixar á praia.