Revisando Ribadeo


Queridos Reis Magos:

Sabemos que estades xa preparando a vosa viaxe de volta, camiño de Oriente, despois de cumprir as ilusións dos pícaros e pícaras de Ribadeo e algunha dos adultos.

No mes de maio queríamos cambiar de alcalde e xa sabemos que iso depende de nós pero como tamén sabemos que vos gusta estar informados de todo imos ir publicando na prensa algunhas das análises que é bo facer para decidir o voto con criterio. As nosas primeiras análises remóntanse ó 2011, que xa houbo tempo para cumprir as promesas.

Aló polo 2011 o BNG prometíanos entre outras cousas:

Construír unha terminal de carga e descarga para FEVE no polígono…aínda non a vimos (como podedes comprobar na foto).

Realizar un inventario-rexistro de locais comerciais baleiros para favorecer o seu posible aluguer ou venda… alguén que quixo poñer un negocio en Ribadeo dispuxo desta información por parte do concello?, que facilidades lle deron?

Iniciar a construción de puntos de carga para a madeira… os que se buscan os propios madeiristas

Continuar poñendo en valor o Camiño de Santiago, o centro etnográfico dos muíños e o das cetarias así como o turismo en torno aos valores da ría de Ribadeo… o Camiño de Santiago ben deita do Xacobeo, o centro dos Muíños non existe, as cetarias seguen deteriorándose…

Implantar a administración electrónica… polo de agora grazas a amabilidade dos funcionarios seguimos con papeis, ningún trámite se pode facer a través da internet. 

Propoñer unha fórmula similar á do “Portelo único” para facilitar trámites administrativos coa comunidade veciña mediante a sinatura dun convenio co Principado de Asturias… sempre poden dicir que a propuxeron e non lles fixeron caso… moi propio tirar balóns fóra.

E ata aquí a primeira análise do programa do 2011. Feliz Aninovo... continuaremos… (1 de 4).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

Revisando Ribadeo