El PP de Ribadeo cuestiona la política cultural: Susana Seivane, 10 euros; Amacio Prada, gratis

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FOTO MIGUEL

Considera que la decandencia es evidente y reflejo de la gestión del gobierno del BNG

19 feb 2019 . Actualizado a las 14:34 h.

El Partido Popular de Ribadeo considera que la política cultural municipal es buen ejemplo de la que considera deficitaria gestión del gobierno local del BNG. El candidato "popular", Daniel Vega, señala en un artículo: "A decadencia da programación cultural do Concello de Ribadeo, organizada polo goberno municipal do señor Fernando Suárez, nos últimos anos é evidente. O noso concello apeouse dos Circuítos Culturais da Xunta, que traía grandes actuacións a Ribadeo. Segundo a Concellería de Cultura, temos algunha “a bo prezo”, porque o goberno actual decidiu que para que a empresa privada gañe temos que pagar un mínimo de 10 euros para ver a Susana Seivane. Pero haberá que lembrarlles que hai só un mes puidemos gozar do concerto de Amancio Prada de balde, organizado pola Coral Polifónica coa colaboración da Xunta de Galicia".

Y añade: "E analizando o programa electoral que presentou en 2015 o equipo encabezado polo señor Fernando Suárez nos campos de cultura, deporte e mocidade, a maioría dos compromisos foron incumpridos. E para mostra estes exemplos: Crearemos unha partida anual de apoio aos proxectos de creador@s locais. Onde está? Temos que dicir que aparece en dous puntos distintos do programa, será por se repetíndoo parece real. Dixo tamén: Persistiremos na nosa intención de facer da Casa do Mar a Casa da Música e a Danza. Todo se quedou en intención! Dixo: Crearemos un ciclo de cine estable “Venres de cine alternativo”. Cantas películas puidemos ver? E tamén ía haber un evento específico para o mundo audiovisual, cal é? Dixo: Estudaremos a viabilidade da construción dunha nova Biblioteca Pública. Esperamos que o estudo estea feito porque a Biblioteca temos claro que non. E na parte do programa na que se fala de poñer en valor o noso patrimonio supoñemos que non se refiren ao Castro das Grobas e ao Camiño de Santiago".