Ribadeo acolle o Campionato de España feminino de Rugby 7

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Será esta fin de semana e foi presentado onte no Concello ribadense

26 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, xunto co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e membros da directiva da Federación de Rugby, presentaron onte o Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7, que se

celebrará en Ribadeo este vindeiro sábado 29 de xuño. O executivo provincial colabora con esta

cita deportiva achegando 5.000 euros para a promoción do deporte feminino na provincia.

O campionato enfrontará ás actuais campioas, a selección galega, contra as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.

Campos Conde destacou «a importancia de potenciar o deporte feminino neste momento clave para alcanzar a igualdade». Suárez subliñou a importancia deste evento para Ribadeo.