A tapa do restaurante El Oviedo gaña o Ribadeo de Tapeo 2025

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Mar Orosa, del restaurante El Oviedo, de Ribadeo
Mar Orosa, del restaurante El Oviedo, de Ribadeo CEDIDA

O xurado profesional outorgou o segundo premio á proposta do Kalpa Amodiño e o terceiro á do Ramonita

20 may 2025 . Actualizado a las 17:19 h.

A tapa Lura en salsa do restaurante El Oviedo é a gañadora do Ribadeo de Tapeo 2025. Así o decidiu o xurado profesional, que outorgou o segundo premio para a proposta do Kalpa Amodiño (Chaat-Eo de millo) e o terceiro á tapa do Ramonita (salmón marinado á laranxa con pementos e tapioca). No caso da tapa doce, o xurado profesional comunicou que a gañadora é tamén a proposta ideada polo Kalpa Amodiño (Re-poso de café).

A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio do Concello de Ribadeo, Marta Saiz García, quixo agradecer «a participación e a implicación dos 21 establecementos que se deron cita no décimo oitavo Ribadeo de Tapeo», que se celebrou entre os días 10 e 18 de maio.

Pendente, a tapa do público

Queda pendente por coñecerse a decisión do público que votou nos cartóns habilitados para este fin, ou a través da aplicación do Ribadeo de Tapeo. «A súa decisión coñecerémola dentro duns días, así como a data de entrega dos premios ós gañadores. A ese público que probou polo menos cinco tapas nalgunha das tres zonas establecidas no certame de tapas deste ano, e que co seu voto participou na elección da mellor tapa», engadiu Saiz.

Os clientes que escolleron a súa tapa favorita mediante votación entrarán no sorteo de diferentes premios, consistentes en experiencias gastronómicas e bonos de 50 euros. Os nenos e nenas de ata doce anos participaron na ruta Picariño Lambón, na que se sortearán dous lotes de libros infantís.