Noventa músicos participarán no Obradoiro de Banda Sinfónica de Viveiro do 25 ao 28

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

21 jun 2019 . Actualizado a las 21:59 h.

Noventa músicos chegados desde doce municipios da provincia de Lugo participarán a próxima semana no Obradoiro de Banda Sinfónica de Viveiro, que se desenvolverá entre os días 25 e 28 de xuño. Organizado pola Banda de Música O Landro, que dirixe Carlos Timiraos Timiraos, o encontro será dirixido por David Fiuza Souto, quen actualmente é director titular da Banda Artística de Merza e da Gran Canaria Wind Orchestra. O mércores 26 de xuño, ás 20.45 horas, Hércules Brass, impartirá unha sesión na sala multiusos do Concello. Ao día seguinte, á mesma hora e no mesmo lugar, o encargado de levar a batuta será Abraham Cupeiro.

Actuación no Pastor Díaz

Finalmente, o venres 28 a partir das 20.45 horas, o Teatro Pastor Díaz acollerá a actuación da Banda Sinfónica do cuarto Obradoiro que se organiza en Viveiro. Patrocinan a cita cultural o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo.