Viveiro, sabor a terra e mar

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

«Saborea a túa provincia» comezou o seu percorrido lucense pola Mariña

03 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Viveiro foi o punto de partida do vistoso e emblemático autobús-cociña de «Saborea a túa provincia», que recorrerá Lugo ata o domingo día 29 deste mes, con meta en Monforte de Lemos. A iniciativa sobre rodas está organizada pola Deputación Provincial de Lugo, dentro do Plan de Impulso da Economía da Provincia, co fin de «promover e incentivar o consumo dos produtos de calidade da nosa terra», di o presidente José Tomé. Á vez, quere potenciar un modelo de turismo «sostible», no que a gastronomía ten un gran peso.

En Viveiro, o pasado sábado, houbo demostración culinaria da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. Michel Cociña, do restaurante Fumeiro, preparou «merluza do Cantábrico salgada e curada con salsa vizcaína dos seus callos». Un manxar que puido probar o público in situ; que tamén gozou da música de Tempus Fugit e de Atlántica ao longo do día; dunha charla da veterinaria de Asoprocel Aida Sáez sobre o porco celta e de maxia con Rafa.