Lucía Freitas: «Ir ás xornadas de Xove foi das mellores propostas que me plantexaron nunca»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía XOVE / LA VOZ

XOVE

SANDRA ALONSO

Cociñará en directo e asesorará á hostalería local na cita gastronómica

15 oct 2019 . Actualizado a las 21:30 h.

A profesional galega cunha Estrela Michelín que acadou co seu restaurante A Tafona, en Santiago, Lucía Freitas, cociñará en directo e asesorará á hostalería locais nas II Xornadas Gastronómicas de Xove (días 17 e 18). Un auténtico luxo contar cunha gran amante da cociña formada na Escola Superior de Artxanda e que traballou no Celler de Can Roca, Bohío e Mugaritgz, ademais de iniciar unha andaina propia entre fogóns con Tomiño en Nova Iorque e Lume, tamén en Santiago.

-Como recibiu esta proposta?

-Foi das mellores propostas que me plantexaron nunca, porque é ir á raíz. Eu veño de servir o menú do día, de pasalo realmente mal, de facer malabarismos para chegar á xente e a fin de mes e que todo vaia rodado. Ir a un pobo e meterme directamente nas cociñas coa xente de verdade, que é a que necesita axuda e vai absorber o que eu lle poda ensinar... É un proxecto moi bonito.

-É como «lembrar» as orixes, agora que está na alta cociña?

-Claro! O bo que teño a día de hoxe é que a xente escóitame. Cando ves que unha persoa evoluciona e vai máis alá con dedicación, esforzo, positividade e paixón dáche forzas e folgos. Podo transmitir esa mensaxe: quererse a un mesmo para poder facer ben o traballo, porque o que saia dunha cociña ten que ser o mellor que saia de ti. Teño a sorte de poder transmitilo e a xente recíbeo moi ben, sobre todo porque sabe todo o que vivín todo e que puiden salvar todos os obstáculos e chegar adonde soñaba, con traballo e dedicación. Sirve de exemplo. Por iso este proxecto pareceume unha idea tan tan bonita. Ogallá haxa xente noutros pobos que o faga, porque penso que temos que invertir en axudar e formar porque é a mellor maneira de que a gastronomía creza e creza o pobo, non?

-Con que idea virá a Xove?

-Imos potenciar o que hai arredor de Xove, todos os produtos, produtores, artesáns... Temos que «vender» Xove, potenciar o mar que tanta riqueza ten. No meu restaurante gústame moito o peixe; cando lle dás unha textura nova e rompes os esquemas a xente de a pé agradéceo. É a base do que queremos conseguir. Ademais, que eses pousos queden para o día a día deses restaurantes.

-Resalta os produtos do mar. Cre que están pouco aproveitados? Hai algo que nos pode faltar?

-Pode faltar o que soe faltarlle a un pobo que ten moita vida no verán e logo no inverno non tanta. Entendo que é moi difícil ter produtos frescos cando non tes unha regularidade en número de xente. Pero hai que ter amor e respeto polos produtos, pola xente que os extrae e pensar que somos unha cadea e que de nós depende que fagamos que para esa xente teña unha repercusión e que o cliente poda sentir Galicia sentado nese restaurante. Un polo con patacas podes comelo en todos os lados, pero se é polo dun labrador que os ten de calidade, é diferente. As cousas hai que facelas con amor. Esa é a máxima.

Jueves 17 

Showcooking y más

A las 20.30 horas showcooking (entrada gratuita hasta completar aforo) con Lucía Freitas en una cocina-escenario que se instalará en el Pabellón de Deportes en colaboración con Mármoles A Mariña y Establecimientos Rey. Ella asesorará también a la hostelería local para el tapeo del día siguiente.

Viernes 18

 Tapeo do Mar

Con productos del mar, desde las 20.00, en los locales Onda Sempre, O Refugio, A Fuga, O Cabaliño do Mar, A Roda, O Pepe y Centro Cívico. Un jurado premiará las mejores tapas.

Demetrio Salgueiro, alcalde: «Hai que ofrecer un servizo de calidade para atraer visitantes»

Las II Xornadas Gastronómicas están organizadas por el Concello de Xove y hostelería asociada a Aciam. El alcalde Demetrio Salgueiro valora el empuje de poder contar con Lucía Freitas: «Dá máis repercusión mediática e axuda a visibilizar a cociña con produtos do mar e da nosa costa e por en valor ese gran activo que temos, a súa calidade. É unha forma tamén de que a hostalería de Xove se conciencie de ofrecer un servizo de calidade para atraer visitantes». «Estamos intentando promocionarnos turísticamente e seguro contribuirá a aumentar a oferta a nivel de hostalería. Os locais que hai levan moitos anos e mantéñense e iso é un bo sinal, Xove ten unha boa tradición de tapas e esta é unha forma de promocionalas», finalizó el regidor local.

El ciclo forma parte del proyecto Xove Mirando ao Mar, financiado por GALP Mariña-Ortegal e impulsado por el Departamento de Emprego del Concello de Xove, con Rosa Lage al frente.