Equipo compensado, con marxe de mellora

Fran Varela

ANDAR MIUDIÑO

07 nov 2017 . Actualizado a las 16:18 h.

Un ano máis podemos falar de acerto nas fichaxes ata armar un conxunto moi compensando. E dentro dese bo ollo en xeral, subliñaría particularmente o caso de dous xogadores que parece que leven toda a vida no Obradoiro, polo rápido que se adaptan: Matt Thomas e Radovic.

O que se mantén é a capacidade do corpo técnico para darlle a cada xogador o espazo, o tempo e o momento no que sacar o mellor do que levan dentro. A acción que decide o partido en Murcia, preparada para David Navarro, é un claro exemplo.

Tamén ten a súa incidencia a continuidade de boa parte do equipo da pasada campaña, con Pepe Pozas que está a dar un paso adiante, superados os problemas físicos, e Pustovyi, que continúa en liña ascendente.

O mellor de todo é a sensación de que aínda queda marxe de crecemento, porque todos aportan. Hai dúas pezas que, de seguro, van ir a máis co paso das xornadas: Albert Sabat e máis Alberto Corbacho, que se atopa nese longo proceso de volta, que non é doado.