E se... Obradoiro

Fran Varela EL ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

E se... non entra o covid no vestiario?

E se... nos chegan a respectar as lesións? E se... chega a haber público na Caldeira?

E se... Son moitos os interrogantes e condicionantes que se presentan en todas as tempadas, pero o que teño bastante claro é que este equipo, nunha tempada «normal» estaría pelexando polos play off. Birutis e Enoch irromperon na liga dun xeito desmedido; Robertson amosou unha solvencia anotadora descomunal; Kartal que era un base con galóns, e Daum asentouse na liga de xeito diferencial. Todo isto, co resto de xogadores aportando no seu rol e coa sempre axeitada pizarra do corpo técnico, resultaría un equipo para aspirar a máis. A realidade é que a pesar de todos estes condicionantes demostraron ser un equipo e non podemos máis que pórlle un sobresaínte.