Lois consolida o liderado na Copa Galicia de BTT Maratón gañando en Viveiro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Un triunfo que suma ao que colleitaba a comezos de febreiro na Transheroica BTT polos montes de Escairón

21 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A biker grovense do Etxol-La Gramola Team, Lara Lois, gañou o pasado domingo a Viveiro Bike Xtreme, segunda proba puntuable para a Copa Galicia BTT Maratón. Un triunfo que suma ao que colleitaba a comezos de febreiro na Transheroica BTT polos montes de Escairón.

Nunha carreira endurecida polas adversas condicións atmosféricas, Lara Lois impúxose con autoridade, sendo primeira muller en cubrir os 65 quilómetros de trazado, con 2.500 metros de desnivel acumulado. Fíxoo cun tempo de 4 horas, 32 minutos e 29 segundos. A súa compañeira de club Ana González, de categoría máster, foi segunda en 5.06.11, con 36 dos 155 bikers que tomaran a saída retirados ao longo da proba.

A seguinte carreira da Copa Galicia BTT Maratón será o Maratón Estaciones Vivas, o 29 de abril en Baños de Molgas.