Unha «Noite de terror» na biblioteca valguesa

La Voz

AROUSA

17 oct 2019 . Actualizado a las 12:31 h.

Rapaces de entre once e trece anos de idade poden inscribirse xa na «Noite de terror na biblioteca» que terá lugar en Valga o venres, 25 de outubro, con motivo do Samaín. Son quince as prazas dispoñibles e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade aqueles mozos que non participaran en anteriores edicións da actividade. A iniciativa, organizada polo Concello e as bibliotecas municipais, desenvolverase no centro de lectura do Auditorio de Cordeiro, onde os participantes pasarán unha noite chea de actividades, como obradoiros terroríficos, contos de terror e misterio e ou cine. Ademais, o auditorio municipal festexará o Samaín con máis actividades, como a festa con chocolatada que terá lugar na tarde do día 31 e á que os asistentes poden acudir disfrazados.