A sátira política levada ao teatro

La Voz

AROUSA

cedida

O Electo chega a Vilagarcía

22 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • 21 horas • Vilagarcía • Auditorio • 5 euros • A piques e dar o seu discurso de investidura, un rece?n elixido Presidente da Xunta enfro?ntase a un inesperado problema… Un choqueiro tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e ini?ciase unha divertida e incisiva batalla diale?ctica entre os dous.

 

Esta surrealista, ou se cadra non, situación é o punto de partida de O Electo , a más recente montaxe de Contraproducións, a compañía que dirixe Cándido Pazó.

Pazó é tamén o adaptador ao galego deste texto orixinal de Ramón Madaula que poñen en escea os actores Manu Baqueiro, como presidente electo, e Antonio Mourelos, como psiquiatra.

O Electo preséntase como unha comedia sobre a vocación política.»Cales son as motivacio?ns que levan a algue?n a querer ser presidente do seu pai?s, unha responsabilidade da que fuxiriamos a maiori?a dos cidada?ns?, pregúntanse os creadores deste espectáculo.

De O Electo se dixo que tira da sátira, subliñando elementos da realidade galega que o público pode recoñecer facilmente e coidando de que o marco político non perda protagonismo. Aínda que o texto deriva axiña nunha caricatura está máis pendente dos personaxes que do contexto, máis atento ao chiste que á crítica.