A biblioteca de Vilagarcía abrirá polas tardes nos meses de verán e pechará o sábado

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

A medida beneficiará aos estudantes universitarios e aos opositores

30 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O goberno local de Vilagarcía vén de adoptar unha medida que facilitará aos usuarios o emprego da biblioteca municipal. Especialmente aos estudantes, que hai tempo solicitaban unha decisión semellante. A partir de mañá, o centro ficará aberto ao público polas tardes maila a chegada da tempada de verán.

Ravella entende que a apertura vespertina facíase máis necesaria ca nunca, á vista da restrición de aforo obrigada pola ameaza do coronavirus. Deste xeito, a biblioteca de Rey Daviña permanecerá en servizo entre as 9 e as 14 horas, e de catro a oito da tarde. Os sábados, en troques, ficará pechada toda a xornada.

«Os principais beneficiarios da apertura en horario de tarde serán os opositores e os estudantes universitarios que desexen preparar os exames de setembro nas instalacións», razoa o equipo de Alberto Varela. A biblioteca mantén operativo todo o protocolo de protección fronte ao covid-19, tanto polo que respecta ás propias dependencias (as cadeiras están separadas a unha distancia de un metro e medio) como polo que ten que ver coas normas que deben cumprir quen a empreguen. Comezando polo uso de máscaras ao desprazárense.