EU secunda a concentración polo centro de saúde do Grove

La Voz

AROUSA

MARUXA ALFONSO

A protesta terá lugar o vindeiro domingo, diante do concello

23 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A agrupación de Esquerda Unida no Grove anunciou onte que secunda a mobilización que o BNG vén de convocar para o domingo, diante do Concello, en reivindicación dun novo centro de saúde e unha atención primaria presencial e de calidade. Os esquerdistas lembran que xa hai máis dun ano os cidadáns saíron á rúa, chamados daquela por todos os grupos municipais. EU di non comprender a «pasividade do goberno local» e lembra que aínda non convocou unha reunión de voceiros.