Patrocinado porPatrocinado por

Millón e medio de ameixas para os bancos marisqueiros da Illa

B. C. A ILLA

SOMOS MAR

cedida

Procedeuse á sementeira de 1,5 millóns de unidades nas autorizacións da confraría

24 jul 2021 . Actualizado a las 08:34 h.

Os bancos marisqueiros da Illa de Arousa recibiron este venres un importante aporte de bivalvos para o seu engorde. A OPP-20 e a confraría levantaron a cabo a sementeira de millón e medio de ameixa xapónica, dunha talla de 15 a 18 milímetros. Deberán pasar aínda uns meses ata que acaden o tamaño comercial e poidan pasar pola la lonxa. Entre tanto, os servizos de vixilancia do pósito encargaranse de velar porque a colleita chegue a bo fin e non sexa esquilmada pola acción dos furtivos. Fai uns días era os seus veciños da confraría de Cambados os que sementaban ameixa no Galiñeiro.